A pasada semana demos inicio ao programa "Aprende a través del surfing" da man de Toni e o seu equipo de One Surf Academy de Malpica.
O alumnado de 3º a 6º de Primaria desenvolveron a primeira xornada, primeira para @s nen@s de 3º; xa que o pasado curso os restantes grupos achegáronse ao surf e aos valores que comporta: traballo en equipo, respecto ao medio, mellora das relacións persoais, sociais...
Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.
Tod@s estamos xa á espera da desexada xornada de práctica na auga, na nosa praia, sempre e cando o tempo nos acompañe.
Agradecer o bo facer de Toni e equipo que, un curso máis, nos guían nesta experiencia de vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario