A pasada semana, o alumnado de 4º E.Infantil a 2º de E. Primaria experimentou na biblioteca grazas ao divertido espectáculo, Toupiciencia, da man de Toupiña e o seu axudante Petronio. Un proxecto de dinamización científica EN GALEGO que xa divulgamos no 1º trimestre.
Realizaron experimentos que nos achegaron ao método científico de forma dinámica e facendo maxia, xa que o seu labor é a busca de futur@s científi@s.
Moitas grazas ao Consorcio Editorial Galego pola fantástica experiencia cultural e científica con A Xanela do Maxín.
Foi unha actuación espectacular onde o pasamos xenial e despois de dous cursos de cultura a distancia... chegou o gran día de voltar escoitar as gargalladas d@s nen@s, grazas ao teatro, na nosa Biblio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario