2.2.23

XORNADA PORTAS ABERTAS 2023!

Volvemos abrir as portas do CEIP Milladoiro con normalidade para o novo alumnado que se incorpore para o curso 2023-24 e as familias que queiran formar parte da nosa comunidade educativa. Por iso, invitámolas a coñecer as instalacións e a metodoloxía do noso centro o día 27 de febreiro ás 16:30, será unha única visita conxunta, polo que rogamos puntualidade, e poden vir xa os nenos e nenas a coñecer o seu novo centro. Non fai falta realizar reserva previa.




Quixemos facer un pequeno vídeo resumo para mostrar as diferentes actividades que realizamos no día a día na escola, as nosas celebracións, os laboratorios de aprendizaxe, o traballo por proxectos... para calquera dúbida podedes escribirnos ao correo do centro ceip.milladoiro@edu.xunta.gal ou chamarnos por teléfono. 881880736.



Ningún comentario: