27.1.23

Semana da Paz: lemos xunt@s!


 Lemos xunt@s: VALORES!

Ao longo desta semana, nas sesións Hoxe Le... as lecturas estiveron adicadas a lecturas compartidas entre iguais. Cada clase dos maiores (3º-6º E.P.) elexiron un libro relacionado coa non violencia, o respecto, a tolerancia, a actitude crítica, a participación, o diálogo...

O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria elaborou unha man branca e acudiu con ela para escribir un valor extraído da súa lectura, coa colaboración do alumnado lector.

O luns, 5º de E.P. preparou a lectura de "O principio" empregando a técnica do chroma para 1º e 2º de E.P, onde cada alumno/a sacou o seu propio valor.

O martes, a clase de 3º E.P. leu o libro "A manchas ou a raias?" aos compañeiros/as de 5º E.I. escribindo na man o valor de TOLERANCIA.

O xoves, o alumnado de 4º E.P. empregou o kamishibai co conto "A mellor sopa do mundo" para os máis pequenos do cole, 4º E.I., extraendo o valor de CONVIVENCIA.

O venres, 6º E.P. interpretou o conto de "O segredo de Flora" ao alumnado de 6º E.I., escribindo todos xuntos a palabra RESPECTO.

Podedes ver todas as imaxes desta actividade premendo na seguinte imaxe:


Ningún comentario: