Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
A nosa Biblio acolleu, no día de hoxe, unha actividade cultural promovida por Xandobela, que mediante o xogo achegou ao alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria o noso patrimonio.
Da man de Nerea, pedagoga e educadora social, coñeceron o proxecto Xogando co patrimonio e desenvolveron a actividade, participativa e lúdica, "Pegadas do noso": lendas, adiviñas, música, seres mitolóxicos...; Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.
Agradecemos proxectos como o de Xandobela, que achegan información arredor do patrimonio galego aos máis pequenos para seguir valorando e salvagardando o noso.
Grazas a Nerea polo seu bo facer e polo agasallo final: un carné de investigador-a da cultura galega para cada nen@.
Na Biblioteca Milladoiro encantounos Xandobelar (palabra collida da xerga dos canteiros que significa xogar) co patrimonio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario