Iniciamos o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, co deber de coñecer e transmitir ciencia na nosa lingua. Seguimos a ver moi necesario máis libros de consulta (Ciencias Naturais, Ciencias Aplicadas...) na nosa fala, faise imprescindible que as editoriais aposten pola divulgación científica, para peques e maiores, en Lingua Galega.
No corredor do 1º andar, xa está a disposición, de tod@s, a exposición Leo le... Ciencia en Galego, con exemplares en galego e para traducir ao galego, para seguir preguntando, sendo curios@s, investigando, experimentando... (premer na imaxe para acceder á galería de fotos da exposición) Recursos aos que sumamos os incluídos na seguinte publicación.
NÓS imos compartir ciencia na nosa fala: o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria expoñerá o método científico dos experimentos que argallen ao alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.
Pecharemos o mes de novembro experimentando coas gafas anáglifo e o mural Visión 3D. Seleccionaremos unha lectura, polo 25N, para compartir na aula e extraer unha valoración final; de maneira que entre tod@s elaboremos a nosa produción propia, o Decálogo 3D: Diálogo + Dereitos + Dignidade.
Un mes no que CIENCIA, FALA e IGUALDADE serán palabras clave, porque seguimos querendo cambiar o conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario