O pasado 23 de abril conmemorouse o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e NÓS iniciamos o último tramo escolar do curso co Mes das Letras 2022 e a primeira das actividades da proposta trimestral:
Lectura na rúa!
Tod@s desenvolvemos, cando o tempo o permitiu, a Hora de Ler ao aire libre para a lectura individual, compartida en Malpica, a nosa vila: no adro da igrexa, ao pé da praia de Canido, no porto...
Unha fermosa e didáctica experiencia que, seguro, repetiremos.
Airiños lectores, salgados e solleiros; un tempo con e para NÓS co mellor compañeiro de vida: UN LIBRO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario