4.12.20

Redución das desigualdades

A aula de 1º EP confeccionou un mural ben fermoso partindo do libro "El cazo de Lorenzo",que traballaron esta semana na que se celebra o Día da Discapacidade (3 de decembro)

Parabéns polo voso traballo inclusivo, colaborativo!

Encamiñémonos a reducir as desigualdades, tal como marca a Axenda 2030 no seu ODS 10, e que non teñamos que celebrar Días de...para recordar que somos diversos/as, a diversidade enriquécenos.

Picando na seguinte imaxe accederedes a un excelente recurso, compartido nas redes sociais pola Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci, para dar visibilidade non só aos déficits, tamén as potencialidades. Un traballo de concienciación e reflexión elaborado polas compañeiras do CEIP Reina Fabiola de Motril (Granada) para tratar todos os días do ano.



No hay comentarios: