1.12.20

Así se fixo...cartel BE 2019/20

A Asesoría de BE vén de publicar Así se fixo...Óscar Villán no cal o ilustrador debuxa o proceso de elaboración do cartel 2019/20 "Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía".

Picando na imaxe accederedes ao documento de gran valor educativo no tocante ao proceso de creación: da idea á imaxe.

A Biblioteca Escolar viveiro de cidadáns onde..."Todos os usos das palabras para todos, paréceme unha boa frase, cun bo ton democrático. Non para que todos sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo" (do prólogo Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, Kalandraka)

No hay comentarios: