Inauguramos o curso cunha feira STEAM, organizada en colaboración con Maker Store by ALLNET e a nosa ANPA.
A pesar das dificultades que nos presentan as circunstancias actuais de pandemia, todos/as os/as nenos/as participaron en diferentes actividades tecnolóxicas, respectando os grupos estables de convivencia e garantindo todas as medidas sanitarias recollidas no protocolo COVID-19.
Os máis pequenos experimentaron coa plastilina conductiva e o Ozobot e os máis maiores programaron os diferentes mBots para realizar unha actividade de reciclaxe.
Desfrutaron moitísimo destas actividades comprobando que a pesar da pandemia á escola á que voltamos tenta manter a súa filosofía de traballo dentro das nosas posibilidades, pois ante as dificultades...CREATIVIDADE!
2 comentarios:
Coma sempre maravilloso. E os meus peuqes de 2° xa non son tan peques, creceron moitísimo.
Verónica Balay
Coma sempre unha gran actividade. E os de 2° xa non son tan peques, están enormes. 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Publicar un comentario