7.9.20

Voltamos ao cole!

Dous días para un inicio do curso 2020/21 escalonado.

Deseguro que tedes ganas de estar xuntos/as de novo na nosa escola, na nosa Biblio-LeoLab para seguir divertíndonos aprendendo.

Só desexamos poder navegar neste noso barco-escola nun mar de lecturas, emocións, descubrimentos, experiencias, vivencias...ao longo de todo o curso; ningún sitio mellor para aprender, para soñar, para vivir!

Feliz comezo de curso! Coidemos dos demais, coidémonos!

Bicos salgados, Leo.


No hay comentarios: