Estes códigos Qr nos levan a ver vídeos dos animais mariños reais no seu hábitat!!!
"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
30.4.18
Venres robótico
O venres estreamos un novo material do Leolab, un xogo de construcción de pezas con tornillos moi intuitivo, e aprendemos a facer códigos Qr, neste caso, para utilizar nos muráis do mar do corredor.
Estes códigos Qr nos levan a ver vídeos dos animais mariños reais no seu hábitat!!!
Estes códigos Qr nos levan a ver vídeos dos animais mariños reais no seu hábitat!!!
Etiquetas:
leolab,
mar,
venres robóticos
25.4.18
Venres robóticos
O último venres robótico fixemos dúas actividades, por un lado os máis maiores explicaron ós máis pequenos como facer circuítos eléctricos para prender luces leds utilizando plastilina conductiva, e por outro aprendemos a tocar o piano con vasos de auga utilizando o makey makey!!!!!
Etiquetas:
venres robóticos
24.4.18
Radio escolar: Radio Balea.2º
No 2º trimestre estreamos Radio Balea con gran éxito, voltaremos ao longo deste último trimestre!
Etiquetas:
2017-18,
2º,
animacion á lectura,
mar,
radio
Visita Helena Villar Janeiro
Visitounos a mestra Dª Helena Villar Janeiro. Non dabamos créto cando as compañeiras do IES nos ofreceron a visita. Resulta que a traían ao seu centro e pensaron que nós tamén podiamos disfrutar dela.
E así foi!
Cadrou que a profe Patri estaba aprendéndolles aos de 6º Chámome D. Polbo, a canción que gañou o primeiro certame de música infantil Cantareliña.
Xa vedes! Tantos anos despois e aquela canción que compuxeran no seu día Helena e Suso e cantaran os seus fillos María e Abe... aquela canción... segue a aprenderse nas escolas.
Etiquetas:
visitas
23.4.18
Día do libro. Lectores padriños e madriñas.
Poucas actividades tan esperadas como esta: a dos padriños e madriñas lectores.
Emocionámonos cada ano cando percibimos o importante que é para o alumnado, a seriedade que poñen tanto na presentación, coma na escolla do libro, coma na execución...
Algún caso houbo hoxe de estar enfermiños e querer aguantar ata rematar a actividade.
Ler xuntos.
Un placer!
E, con isto damos comezo ás actividades deste mes que dedicaremos ao libro e a lectura.
Etiquetas:
dia do libro,
padriños
15.4.18
Venres robótico
Este venres robótico seguimos xogando co Strawbees( xogo de construción con pallas), comezamos a experimentar cos Tangrams e utilizamos o Makey Makey para tocar o piano, sendo as teclas as mondas de mandarinas. En breves estaremos compoñendo música co makey makey!!
Etiquetas:
makey makey,
venres robóticos
10.4.18
Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia
Os vindeiros xoves e venres terán lugar en Compostela os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia na súa 12 edición.
Este Plan, do que o noso centro forma parte desde o primeiro ano, ten demostrado ser o auténtico foco de innovación do ensino na actualidade. Colexios que avanzan ofrecendo o último en Pedagoxía e demostrando, a través do seu alumnado que a incorporación de habilidades lectoras en múltiples soportes, así coma de tecnoloxía aplicada á aprendizaxe, incide directamente na mellora do rendemento dos escolares situando a Galicia na vangarda europea en probas coma, por exemplo, o informe Pisa
Alí estaremos.
A imaxe que ilustra o cartel da presente edición foi tomada no noso centro na última visita que nos fixeron as Asesoras da Consellería, e nela aparece o barco que fixo o avó de Breixo a quen, desde aquí agradecemos tan fermoso traballo.
Etiquetas:
encontros
9.4.18
Visita AENEA
Esta semana visitounos Lola de libraría AENEA para presentarnos interesantes libros e ata un xogo de construción para futuros grandes arquitectos.
Algúns deles pasarán a formar parte da nosa biblitoteca escolar.
Unha gozada de visita. Grazas Lola!


Algúns deles pasarán a formar parte da nosa biblitoteca escolar.
Unha gozada de visita. Grazas Lola!


Etiquetas:
1º,
2º,
animacion á lectura,
librarías,
visitas
6.4.18
VENRES ROBÓTICOS: makey makey
Hoxe, no leolab, descubrimos novos materiais, por un lado os Bunchems, un xogo de construción con bolas, que consiste na creación das formas e figuras que podamos imaxinar, e por outro lado o Makey makey, un sistema de programación que permite, utilizando un ordenador, que todo o que toques se faga música a través da placa makey makey. Neste caso utilizamos bolas de plastilina casera, que ó tocalas sonaban como os bombos.
Para ver as fotografías, premer AQUÍ
Para ver as fotografías, premer AQUÍ
Etiquetas:
leolab,
makey makey,
robotica,
venres robóticos
5.4.18
Venres robótico: incluimos a electrónica
O último venres robótico, antes das vacacións de Semana Santa, fixemos varios grupos: os máis maiores aprenderon a soldar con estaño, pelar cables... outro grupo estivo xogando por primeira vez coas rodas dentadas, e o seguinte grupo estivo facendo experimentos de electrónica.
Nestes experimentos electrónicos, utilizaron plastilina casera conductiva ( feita con fariña, aceite, sal colorante alimenticio e limón), portapilas e luces leds. Estiveron probando, cambiando cables, colocando as luces... ata que conseguiron facer circuítos nos que os leds se iluminaban. Noraboa!!!






Nestes experimentos electrónicos, utilizaron plastilina casera conductiva ( feita con fariña, aceite, sal colorante alimenticio e limón), portapilas e luces leds. Estiveron probando, cambiando cables, colocando as luces... ata que conseguiron facer circuítos nos que os leds se iluminaban. Noraboa!!!






Etiquetas:
leds,
venres robóticos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















