10.4.18

Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia

Os vindeiros xoves e venres terán lugar en Compostela os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia na súa 12 edición. Este Plan, do que o noso centro forma parte desde o primeiro ano, ten demostrado ser o auténtico foco de innovación do ensino na actualidade. Colexios que avanzan ofrecendo o último en Pedagoxía e demostrando, a través do seu alumnado que a incorporación de habilidades lectoras en múltiples soportes, así coma de tecnoloxía aplicada á aprendizaxe, incide directamente na mellora do rendemento dos escolares situando a Galicia na vangarda europea en probas coma, por exemplo, o informe Pisa
Alí estaremos. A imaxe que ilustra o cartel da presente edición foi tomada no noso centro na última visita que nos fixeron as Asesoras da Consellería, e nela aparece o barco que fixo o avó de Breixo a quen, desde aquí agradecemos tan fermoso traballo.

Ningún comentario: