"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
24.4.18
Visita Helena Villar Janeiro
Visitounos a mestra Dª Helena Villar Janeiro. Non dabamos créto cando as compañeiras do IES nos ofreceron a visita. Resulta que a traían ao seu centro e pensaron que nós tamén podiamos disfrutar dela.
E así foi!
Cadrou que a profe Patri estaba aprendéndolles aos de 6º Chámome D. Polbo, a canción que gañou o primeiro certame de música infantil Cantareliña.
Xa vedes! Tantos anos despois e aquela canción que compuxeran no seu día Helena e Suso e cantaran os seus fillos María e Abe... aquela canción... segue a aprenderse nas escolas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario