25.10.13

Video para o MEC



Como xa vos temos contado, as Bibliotecas Escolares de Galicia acaparamos o panorama de todo o Estado Español polas boas prácticas que aquí se consolidan cada curso e no noso espello míranse outros territorios.
O curso pasado, o MEC convidou á nosa Consellería de Educación a publicar algúns dos traballos que consideran modelos a seguir no portal Leer.es.
Con tal motivo, a propia Consellería escolleu os centros que considerou oportuno e convidounos a gravar un video con algunha das nosas prácticas cotiás.


Esto é o que di de nós a páxina das BE de Galicia, na que podedes ver tamén os videos das outras experiencias de centros educativos e públicos galegos
:
Traballar para que o alumnado acade competencia informacional, adquira habilidades no uso e na produción de materiais informativos, saiba consultar fontes informativas diversas (máis aló do libro de texto) e constrúa o seu coñecemento, co uso de instrumentos de distinto tipo, incluídos os dixitais, e mediante traballos colaborativos, é tarefa complexa e de longo percorrido.  Sábeno ben no CEIP  Milladoiro, de Malpica que levan tempo programando actividades para a adquisición da competencia informacional a través de distintas propostas da biblioteca escolar. A través deste vídeo podemos asistir a situacións de aprendizaxe que van orientadas a adquirir esta e outras competencias.


Estamos orgullosos deste tipo de recoñecementos que poñen en valor o traballo que facemos nas aulas cada día e confirman que andamos polo bo camiño.

Ningún comentario: