25.10.13

Autoempréstito


Esta é unha das grandes novidades deste curso. Por fin conseguimos instalar a aplicación de Autoempréstito e ensinamos a escolares e profes a usala.
Ë sinxelo: cada un temos un nº de lector/a e con el e o nº do documento que escollamos, podemos tanto emprestalo como devolvelo.

Cando os nenos e nenas veñen á BE cos seus profesores-titores, usan sempre ese sistema. Tamén cando escollen os libros que leran na HL, pero non nos recreos, porque se nos producen "avalanchas" así que decidimos que o 3º ciclo use a aplicación pero o 2º levará e devolverá polo método tradicional.

Na imaxe, dúas alumnas de 4º que, asegúrovos que estaban tan enfrascadas no labor que non se decatarn da foto ata que saltou o flash.

Aproveitamos para agradecer á Consellería de Cultura que nos permita usar este programa que naceu para a rede de Bibliotecas Públicas e que decideu compartir coa Consellería de Educación no ano 2007. Agora son a mesma pero daquela non o eran e foron quen de chegar a este acordo que non ten máis que vantaxes para nós e os nosos escolares.

Ningún comentario: