25.10.13

Pases ao Liberespazo


Botamos a andar o curso 2013/14 xa a comezos deste mes. O motivo de que non nos asomáramos a esta fiestra electrónica ata hoxe é, como xa podedes supoñer, a falta de tempo: cada vez somos menos e queremos atender ás mesmas cousas. Pero xa estamos aquí. Esta imaxe que vedes é a da entrega dos Pases ao Liberespazo na aula de 5º. trátase dunha iniciativa da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Nós ímolos usar en tódalas aulas e cada escolar irá anotando nel os libros que vai lendo. Por cada3 recibirá unha chapiña ata un percorrido de 4 (que coinciden coas cores das idades recomendadas): azul, verde, amarelo e vermello. Ao completar o percorrido recibirá un agasallo de Leo que, de momento é SORPRESAAAAA!!!!
 O curso trouxonos tamén outras novidades das que xa vos iremos dando conta.

Ningún comentario: