24.2.13

Musica tradicional: Matilda de Limiñoa. Raices Combinadas

O pasado mércores foi un día moi intenso. Entre outras cousas, que xa vos iremos contando, tiñamos unha cita pola tarde con Matilde Castro, máis coñecida como Matilda de Limiñoa.

Trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes unha claridade, frescura e naturalidade... envexable.

Produceunos unha impresión fantástica e non quitabamos ollo (nin ouvido) a canto nos contaba.

Os nenos e nenas de 6ºA, que andan metidos no coñecemento da música tradicional, prepararan unha entrevista da que aquí vos deixo (de momento) os cortes relacionados coa música porque máis dunha hora de encontro deu para moito: hai preguntas de diversos temas e, a todas elas Matilda respondeu volcándose, poñendo á nosa disposición a súa lúcida memoria, o seu orden mental exquisito e unha risa cantareira que encheu de ledicia unha tarde inesquecibel.

A Matilda: GRAZAS, de corazón.
E aos autores e autoras da entrevista: GRAZAS tamén, por ter preparado este traballo con tanta profesionalidade.
Esta primeira parte da entrevista é algo máis longa que as demáis pois é claro que A MÚSICA foi o tema no que máis nos exetendemos, dura dazaseis minutos pero aconsellamos que escoitedes con atención pois contén auténticas perlas:


2 comentarios:

Botóns dixo...

Fermoso e proveitoso contido. Compartimos!

olga dixo...

Grazas, compañeiros por facervos eco do noso traballo.