"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
17.4.12
Parece que fala de nós
Envíanos unha amiga esta producción feita en Francia pero que...¡parece que fala de nós!
Nos últimos tempos tódalas novas que chegan ao centro e, á sociedade no seu conxunto, levan a mesma dirección: recortes, axustes, supresións... empobrecemento do ensino, baixada nos recursos, baixada nos medios...
Hoxe o día amaneceu igual: máis rapaces por aula, menos profesorado, menos recursos...
E non é certo aquelo de que as familias poden escoller. En Malpica non. O único ensino é o PÚBLICO.
Cando pensabamos que só podiamos camiñar cara adiante, cara á excelencia, á superación do fracaso escolar... resulta que a escola que se debuxa no futuro próximo é a anterior a 1980!
No que a nós respecta, sempre buscamos a excelencia no noso traballo, fomos adiantados en programas e didácticas, pelexamos por levar ás aulas a mellor e mási moderna das educacións posibles. E aí están os recoñecementos en forma de premios.
E queremos seguir a facelo así. Pero...¿poderemos?
A atención ao alumnado require bibliotecas, departamento de orientación, aulas de audición e Linguaxe, tempo para reunirnos, para pensar e programar proxectos... ¿Como o faremos?
Precisamos tódalas complicidades posibles.
especialmente importantes son eses recortes na escola rural: falamos da igualda de oportunidades. e ese factor de igualación só o pode aportar a escola: que ofrece aos fillos e fillas dos contribuíntes a mesma calidade educativa sexa cal sexa o lugar no que residan.
Hoxe o ministro dixo que os institutos só poderán ofrecer UNHA modalidade de Bacherelato. Unha ÜNICA. De maneira que ou se mandan os rapaces a estudar fóra (quen poida!) ou todos estudarán o mesmo. ¿Quedaremos sen científicos ou sen linguístas?
Un despropósito. Un desatino.
En educación AFORRAR non é un criterio. INVERTIR é o verbo axeitado.
A non ser que xa alguén decidirá por nós cal ten que ser OBLIGATORIAMENTE o futuro dos nosos nenos e nenas ¿é así?
Pois que se diga en voz alta.
Etiquetas:
escola,
fracaso escolar
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario