18.4.12

O Ensino Público ... E RURAL

Hoxe, na Facultade de Medicina de Compostela, recíbense como MÉDICAS 3 exalumnas do Milladoiro.
Si.
 Líchedes ben: son 3.
Na mesma promoción. 3. As novas médicas, Abella, Doldán e Romay son nenas de Malpica que chegaron a este cole con tres aniños. Aquí aprenderon a ler, a escribir a estudar, a falar en público, a investigar... neste colexio público. O único que hay no pobo. Logo  separáronse durante a ESO para volver coincidir no IES da Ponte. E despois veu a Facultade.
Esforzo, traballo, sacrificio, dedicación... Unhas familias por detrás que sempre as alentaron a seguir. E os medios que o ensino público puxo ao seu alcance foron os ingredientes desa fórmula de éxito. Énchenos de esperanza sentirnos parte dese éxito.
Con frecuencia os nosos exalumnos acadan éxitos académicos pero nunca nesta proporción: 3!!! Conservamos os seus primeiros traballos de investigación, algúns dos seus escritos (contos, poemas...) e desde esta modesta fiestra ao mundo queremos rendirlles homenaxe e avisar a quen corresponda que sucesos coma este só son posibles cando as oportunidades chegan a toda a poboación, cando o ensino é público e universal, cando podes acceder aos mesmos bens que calquera outro contribuínte vivas onde vivas e sexa cal sexa a profesión de teus pais.
Esta é a grandeza dos servizos públicos. Este é a verdadeira concreción da compensación de desigualdades de partida, da igualdade de oportunidades, conceptos estes que, con frecuencia, enchen as bocas pero que, tamén con frecuencia, son conculcados cando nos botamos nos brazos dos recortes.
Desde aquí, un emocionadísimo abrazo, quentiño e orgulloso a esas señoras médicas que, para nós, sempre serán: as nosas nenas.

9 comentarios:

Verónica Veres dijo...

Debemos estar orgullosos en xeral da educación pública,porque eninan a ser persoas con valores,a ser amigos de toda clase de xente(e non só dos da túa claase social)e sobre todo ensinan que o fin non xustifica os medios.Eu creo firmemente na ensinanza pública,espero que este goberno recapacite.

Vinte renqueante dijo...

moitas felicidades as rapazas, as suas familias e ós seus educadores. éxito académico e persoal.

Leo dijo...

Este capital teremos que defendelo sabendo o que nos estamos a xogar. Os colexios e institutos públicos son os únicos que chegan a TODA a poboación. Terán os que hoxe son os nosos alumnos as mesmas oportunidades que tiveron estas rapazas? O dito: temos que ser conscientes do que nos xogamos en cada recorte que nos sorprende á hora do almorzo.
Para elas e seus pais: a nosa máis calorosa felicitación.

Chispa dijo...

Canta razón tedes. Comprendo que tamén para vós sexa un orgullo. Noraboa a esas tres "ex-alumnas"; de seguro que nun recantiño do corazón hoxe estades con elas.
Bicos

Leo dijo...

Grazas, Chispa. Porque ti tamén sabes moito de nenos e nenas, de soños e aspiracións, da conquista da igualdade...Ti velos, coma min, imaxinar o futuro. É, cando o futuro se fai presente, ás veces, sorrí.

Mª delCarmen Vázquez dijo...

NORABOA E PARABENS AS TRES EXALUMNAS.
Tod@s os que as coñecemos ou lles demos clases sentímonos orgullos@s
dos seus éxitos.
Olga,grazas por poñer no blog estas novas tan agradables que fan que se lle alegre a un a vida.
Biquiños
Mari Carmen V.

olga dijo...

Grazas, Carme!

cormelana dijo...

Eu, como tía dunha delas, engado: non só remataron as tres Medicina senón que as tres acadaron uns resultados académicos boísimos, un expediente brillante e envexable desde 1º ata 6º
:-)

olga dijo...

Aí queda iso!!!!