Hoxe quero recomendarvos este blog que acabo de coñecer. Trátase do espazo persoal dunha xove deseñadora gráfica e ilustradora: Andrea López.
Encontrei nel un espazo cheo de vida e imaxinación, de traballo serio e profesional, de ideas e creatividade. E traigoo ata esta bitácora porque me parece que todas esas cousas significan, nos tempos que corren, unha fiestra de esperanza.
Porque, a pesares de que a realidade nos mostra cada día a súa cara máis dura, desagradable, intimidatoria, paralizante... millóns de persoas como Andrea, fan cada día o seu traballo aportando esperanza e ilusión, sen desmaiar pensando que hai posibilidades, que o traballo, a constancia, a profesionalidade, o esforzo e o bo facer, teñen un inmenso valor e serán quen de facernos sair deste tempo sen horizontes aparentes.
A Andrea e a tódalas andreas que no mundo hai: grazas polo traballo ben feito.
E, a cantos leades isto, non esquezades dar unha volta polo seu blogue: saíredes coas pilas cargadas.
Seguro.
P.D.: a ilustración desta entrada é dela (claro!) e leva por título GASTRONOMÍA.
2 comentarios:
Ola! Obrigada pola reseña, fixome moitiiisima ilusión! Máis aínda vindo de terras de Bergantiños e sendo eu veciña pola banda fisterrá. Queda todo na casa! Bico!
Eu coñecía unha mariñeira experta. Agora coñecín a artista e excelente profesional.
Parabéns, bicos e moita sorte!
Publicar un comentario