30.1.12

Mira o bo que hai en min


Velaí a nosa celebración do Día Escolar da PAZ
Este ano o lema foi... falar ben dos que nos rodean. E así o fixemos.
Pedimos ás familias que nos contasen algo positivo dos seus fillos e fillas e tamén ós nenos e nenas de cada aula que o fixeran dos seus compañeiros.
Os profes tamén o fixemos: coas nosas familias e cos compañeiros.
Unha gozada! Non temos o hábito de decirnos aquelas cousas que nos gustan dos outros... por algunha razón, se temos que dicir algo... non son precisamente as cousas máis positivas. É emocionante ler as opinións que os demáis teñen sobre nós. E moi bonito!
Estes día reparamos que que falar ben sementa a PAZ no noso entorno. A ver se perseveramos!!!
Pola semán tivemos na biblio talleres de papiroflexia con citas literarias e hoxe... CANTAMOS a canción que escoitades.
Feliz Día da PAZ.

6 comentarios:

Encarna dixo...

Fermoso, parabéns.

olga dixo...

Foi, efectivamente, unha actividade que nos gustou moito facer: dá moito placer falar ben dos demási. E sementa a PAZ.

olga dixo...

Fátima, a profe de 2º, enviounos este comentario que reproduzo aquí:


Guapísimoooo!!! A foto é preciosa e o muro unha marabilla do bo que hai en tod@s nós.

Parabéns a tod@s polo traballo ben feito, unha vez máis!!!

olga dixo...

Nós tamén a botamos en falta e lembrámola nun día que no cole foi de festa, de traballo e de cariño entre todos e todas.
Un bico especial para ti, Fátima.

olga dixo...

É certo: foi unha fermosa actividade. A ver se somos quen de manter ese espíritu de atopar o bo que hai nos outros :-)

Mari dixo...

É ben certo que é un exercicio que deberiamos practicar tódolos días! Viviriamos en PAZ!
Fátimiña, volta axiña!