6.1.12

Agasallo de Reis


Seguramente moitos xa o coñecedes pois leva varios días circulando pero paga a pena poñelo no espazo de colaboración e libertade que é este noso blogue por se alguén non o veu aínda e por volvelo ver.
A min dedicáronmo meus irmáns na cea familiar de noiteboa, co que conseguiron emocionarme. E eu dedícollo a tódolos meus compañeiros e compañeiras profesores coma min na escola pública que cada día chegan ó traballo cargados de ilusión, de proxectos, de ideas, de maneiras para chegar mellor a este rapaz ou a aquel... Xente que non se deixa vencer facilmente. Xente que cre no poder transformador da educación e que todos, ante ela somos iguais.
Tamén ás familias que saben da excelencia da escola pública e a aquelas que, a pesares do que diga a propaganda oficial, non poden escoller a que centro mandarán aos seus fillos e fillas para que teñan a seguridade de que están nas mellores mans.

Feliz día de Reis!
O vídeo vímolo AQUI

2 comentarios:

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Gracias Olga por darme la oportunidad de ver este video, que yo no conocía.
Un saúdo agarimoso
Mari Carmen

olga dixo...

Seguro que te emocionaches... os Premios Nobel dos profesores son estes comentarios dos nosos alumnos.