Unha dor grande tránsenos hoxe pola morte de Isaac Díaz Pardo, última testimuña dunha Galicia que agora xa só é MEMORIA. E xa temos experiencia do que pasa coa memoria.
O sentimento de dor tórnase por veces en orfandade. Que será deste País onde xa hai nenos que non recoñecen a lingua propia e preguntan a quen a fala: por qué me hablas en catalán?
Para ti, Isaac, que seguirás a velar por nós alí onde estés. Entre os bos e xenerosos, seguro.
O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.
Q quece na lareira,/ alo na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.
O meu país/ tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar
Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures,
O meu pais.
O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.
Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.
A foto procede de AQUÍ
O poema, AQUÍ
Querido Isaac, chorarémoste e, unha vez limpas as bágoas, tentaremos seren dignos herderios da túa voz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario