"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
1.12.11
Premios MEC ás Bibliotecas Escolares
Un ano máis as Bibliotecas Escolares de Galicia estamos de noraboa. Veñen de facerse públicos os premios do Ministerio desta edición e, unha vez máis as bibliotecas galegas son as que acumulan un maior número de centros premiados.
PRIMICIA:
Modalidade A (centros de infantil, primaria, educ. especial e educación de persoas adultas):
1º premio, CEIP A LAMA, de A Lama, Pontevedra.
2º premio: CEIP CONDESA DE FENOSA, de O Barco, Ourense.
3º premio: CRA DE RIBADUMIA, Ribadumia, Pontevedra
3º premio: CEP XOSÉ MARÍA BREA SEGADE, de Taragoña-rianxo, A Coruña
Modalidade B (centros de ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e escolas de idiomas):
3º premio: IES DE CELANOVA, Celanova, Ourense.
3º premio: IES ALEXANDRE BÓVEDA, de Vigo, Pontevedra.
Desde aquí, saúdamos con moito cariño e respeto ás comunidades educativas deses centros que reciben, deste xeito o recoñecemento da máis alta instancia educativa de España.
Este traballo silencioso, diario e sostido en anos que as BEs levan a cabo nos centros ... faríase tamén sen premios pero... o recoñecemento é un espaldarazo que non ten volta atrás.
Galicia ten a poboación moi diseminada pero os recursos concentrados. Ë por isto que estes premios para centros públicos e rurais teñen aínda maior valor nos tempos que corren. Sabémolo ben!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario