14.12.07

Celebramos o Premio MEC




Hoxe celebramos unha pequena recepción no colexio á que invitamos á representación de tódolos sectores desta comunidade escolar. Pais, nais, alcalde, tècnico de cultura, concelleira, exconcelleiro, e case todos nós (os profes) reunímonos entorno ó escritor, profesor e malpicàn Xelucho Abella para celebrar a concesión dese premio MEC que ten un nome tan bonito: Premio ás Boas Pràcticas.
O obxectivo fundamental era comunicar a nova e contaxiar satisfacción e orgullo.
Este é un pobo moi pequeno que cando sae nos xornais adoita ser na secciòn de sucesos, polo que este recoñecemento ten un valor especial.
Colexios pequenos, de vilas pequenas, na periferia da periferia... colexios pùblicos. ¡Unha honra!
Aproveitamos a presenza entre nós do señor Inspector para comunicarlle a nosa preocupaciòn de que este servizo descanse sobre actos voluntarios, cando deberìa pertencer à columna vertebral dos centros educativos: ou sexa aparecer no ROC. Co que se mostrou conforme.
Houbo discursos, literatura, comida, bebida e... moita camaraderìa.
Mari, a compañeira que coordina o GT do blog tiroume das orellas porque non nomeei este recurso novo nas miñas palabras. Agora, tento desculparme colgando a nova para que o blog dé a primicia e cumpla unha das funciòns que lle temos asignadas: divulgar
Enfin: unha xornada para recordar.

6 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Unha celebración como corresponde a tan magnífico premio. Novamente os nosos parabéns.
Unha aperta dende Fene

MESTURAS dijo...

pero que ven o pasades!. saúdos pontevedreses...

Ronsel dijo...

Quen será esa loira tan fermosa que ás veces disfrázase de bruxa???? Noraboa corazón! E un beixo enorme!

JP dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
JP dijo...

Magnífica celebración, pero indo mais aló, o premio ven a reflictir un mágnifico traballo. Noraboa a todos os que praticipan deste proxecto, nais/pais, alumnos/as e sobre todo as mestras/es que coordinan, organizan e colaboran con esta pequena maravilla.

;-D

Animo co blog. Esta quedando precioso.

O recanto de Mik dijo...

Parabéns!! Unha preciosa Biblioteca, uns compañeiros estupendos e un fabuloso traballo. Non se pode pedir máis... ou sí: unha magnífica festa!
Unha aperta dende Vigo.