7.10.11

Mochilas


O luns botarán a andar as Mochilas Viaxeiras. Xa é un programa coñecido por todos e todas pois leva entre nós desde hai varios anos (os primeiros en disfrutalas van agora en 4º da ESO!)
Cada semana chegarán ás vosas casas non coa intención de que leades canto vai nelas. Non. O obxectivo é animar a lectura en familia, que os adultos se reencontren con libros esquecidos de cando eran máis pequenos, ou que coñezan productos editoriais que descoñecen... Xogar entre pais e fillos... É impresionante o zume que lle tiran algunhas familias e que nos contan despois no caderno que vai dentro de cada unha.
O caderno é precisamente para iso: para que pais e nais nos dedes a vosa sinceira opinión sobre a actividade, sobre o contido... que nos fagades suxestións... que nos animedes a seguir... O que queirades pero vós, os adultos.
Podedes consultar o contido de todas AQUÍ.
Boa viaxe!

2 comentarios:

Pipa dixo...

Me gusta la forma actual de invetarias la mochila, por géneros. Ello la hace más interesante, pues es más fácil, encontrar algo que nos interese, tanto a los niños como a los padres.

Leo dixo...

O certo é que esta é a forma que lles demos desde o primeiro día (aló polo 2009) Estamos encantados de que vos resulten doadas de saborear. Adiante!