17.1.11

O soldadiño de chumbo



O cine de animación ten en Galicia unha importantísima producción da man de DygraFilms, entre outros.
Nesta ocasión son os directores Virginia Curiá e Tomás Conde (fundadores de Algarabía Animación) quenes nos achegan esta versión do conto clásico feita con figuras de plastilina. Fixéronlles falta 12 meses de traballo e 18.000 fotografías.
Desta volta, o malvado Arlequín transformouse nun cigarrón, a historia sucede no Museo Galego do Xoguete de Allariz e hai unha vella sentenciosa que fará as delicias dos espectadores (a min lémbrame ó Lagarturo de A galiña da Paz)
Actores coma Manuel Manquiña ( o cigarrón) e Luís Piedrahíta (o soldadiño) poñen voz ós personaxes e a música está feita polo compositor Emilio Aragón.

Ningún comentario: