"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
28.1.11
Os Valores da PAZ
Despois dunha semana reflexionando sobre a PAZ e o modo de chegar a ela, de vivir rodeados por ela... chegou o día de celebralo xuntos e poñer en común as nosas ideas.
En E. Infantil falaron sobre a XENEROSIDADE, en 1º sobre AMIZADE, en 2º sobre COOPERACIÓN.
Os de 3º reflexionaron sobre RESPECTO E TOLERANCIA, 4º sobre RESPONSABILIDADE, 5º sobre LEALDADE e, finalmente, 6º fíxoo sobre o ESFORZO.
Velaí algunhas das conclusións ás que chegaron:
5º.-Co amigo, garda a máxima fidelidade. Non enganes, non traizoes, dalle o teu apoio leal. Sen lealdade, non hai amizade.
6º.-A tendencia actual é que todo se pode acadar sen esforzo pero, en realidade, calquera logro require esforzarse.
Sacrificio, afán, alento, ánimo, coraxe, decisión, vontade, audacia, valentía... iso é o esforzo. Esforzámonos cando queremos acadar algo e sentimonos satisfeitos cando o facemos. Mandela, Ghandi, Teresa de Calcuta... traballaron moito por acadar a PAZ. E ti?
4º.-A responsabilidade sirvenos para asumir as consecuencias do que facemos.
E, agora.... ¡A FACER A PAZ!
Etiquetas:
actividades,
Día da Paz
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Ola nen@s de Malpica!
Gustáronme moito as fotos da vosa celebración do día da PAZ.
Grazas a elas sigo sabendo de vos
e vexo como ides medrando
Un biquiño agarimoso dunha mestra que os recorda a tod@s
con cariño Mari Carmen V.
P.D. Un saúdo especial para Olga
Publicar un comentario