23.1.11

Os Reis viñeron atrasados...¡Pero viñeron!




Os Reis Magos tamén pasaron pola biblio anque con algo de retraso.
As súas Maxestades: Premio, Ministerio e Bibliotecas Escolares deixáronnos un marabillosos equipo de megafonía e iluminación para que poidades facer aínda mási bonitas esas lecturas que facedes, as representacións...¡o que queirades!
Eu estou moi, moi contenta porque sei que o ides disfrutar.
Ah! tamén deixaron esas pinguiñas nas cortinas que a min encántanme!

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Agora toca disfrutalos que eses agasallos son máis que merecidos polo voso magnífico bo facer.
Por certo, as pinguiñas son ben bonitas!!
Apertas de mel dende Fene

MESTURAS dixo...

Estes reis saben moi ben o que fan. Traen agasallos para as xentes boas e traballadoras que farán un excelente uso deles.
Que os disfrutedes, que xa vemos que están nas mellores mans.
Saúdos pontevedreses.
charo

olga dixo...

Abofé que imos tentar tirarlles o millor dos partidos! Eran un desexo de moito, moito tempo.
Ás veces, os desexos fanse realidade :-)
Estrearémolos hoxe.