24.11.10

A voda do galo Pinto

Hoxe recomendamos unha lectura desde esta páxina  algo que non é a habitual en nós xa que, como sabedes, temos un blog exclusivamente para ese fin. Pero, tendo en conta que mañá é o Día Internacional contra a violencia de Xénero, pensamos que esta é unha boa maneira de facer prevención.
A historia de Juan A. Belmontes está debuxada por Natalie Pudalov e publicada por OQO editora.
Narra os días anteriores á voda entre o galo Pinto e Xiana e como ela descobre grazas a unha boa amiga, que non ten boa sona, as verdadeiras intencións de Pinto.
Afortunadamente Xiana coñece o egoismo de Pinto cando aínda é tempo... ufff!!!

Na miña opinión un tremendo problema contado de maneira entendible para nenos e nenas e belamente debuxado. Porque a pedagoxía non está reñida coa literatura de calidade.
Un deses libros que paga a pena ler, contar e ter.

Ningún comentario: