25.11.10

Nacementos e obras

Estes días andamos de estreas e obras.
As obras: como xa viches, cambiamos algo o blog. Lavámoslles algo a cara, organizamos os enlaces doutra maneira, sempre pensando en que vos sexa máis doado navegar por aquí e atpar o que precisas.
As estreas: estas sí que son importantes. Esa imaxe que ves á esquerda é a que ten o blog dos nenos e nenas do 1º ciclo!!! A partires de hoxe estrean a súa fiestra virtual para asomarse ó mundo.
Alegrámonos de corazón.
Fixádevos que unha das novidades máis importantes ó meu ver son eses botonciños que tendes arriba e que vos permitirán navegar entre tódolos nosos blogues.
Seguiremos traballando para seguir a millorar. Prometido.

Ningún comentario: