Este é, posiblemente o Programa do que nos sentimos máis orgullosas: as Mochilas Viaxeiras.
Cada semana visitan as casas dos nosos escolares para permanecer nelas durante sete días.
Temos 2 por aula, de maneira que cada semana hai 22 familias convidadas a ler xuntos.
O contido, como vedes, pretende cubrir un amplo abano de gustos. E, posiblemente, iste foi o aspecto no que tivemos que facer máis fincapé á hora de achegalas ás familias: o contido non é exclusivamente para os nenos e nenas. Procuramos cubrir gustos de adultos, de xoves, de maiores... procurando que cada quen atope dentro da mochila algo que lle guste persoalmente. E atendemos suxestións, se están ó noso alcance. O obxectivo e atopar algún momento para achegarse á lectura en familia con documentos de calidade e, en ocasións, pouco coñecidos por non estaren nos grandes circuitos de distribución.
3 cursos despois de comezar a súa andaina, dicimos, sen rubor, que son un éxito rotundo. Esperamos poder segilo mantendo.
Para saber máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario