Estes días ándase a facer moi famoso un tal Paul. Seica é un polbo listísimo que hai en Alemaña.
Cando oio falar del lembro outro polbo que andou (e aínda anda) percorrendo as escolas galegas aló polos anos oitenta.
Chamábase Don Polbo da Touza Longal e era mestre de escola no fondo do mar. Se sería listo!
Se queredes saber canto facía lede esto. E, se queredes saber como naceu, lede estoutro.
Na miña opinión Paul é un descendente do Sr. da Touza, só así se entende tanta intelixencia.
Se poidera ofreceriavos a música porque se trata dunha canción ben bonitiña pero...non a teño!
Pero prometo facer esforzos atinados para conseguila. Non sei se lembro que anda nunha das mochilas viaxeiras que levades durante o curso...
Preguntade na casa porque seguro que hai moitos papás e mamás que saben cantala.
Pola miña parte, en canto a consiga, fágovola ouvir.
PROMETIDO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario