"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
14.5.10
Ó fío de Novoneyra
Estes foron os poemas que crearon os nenos e nenas de 6ºB a partir de un que escolleron de entre os de Os Eidos que fan referencia a estancias da casa
Sorprendente a capacidade de creación. Sorprendente a búsqueda que fixeron nos seus sentimentos para poñerse en situación, para trasladarse emocionalmente.
Foi un placer estar estes días sumerxidos no mundo novoneyrano, volver a vista hacia dentro.
Propóñovos que os leades con atención. Son moi bos!
Etiquetas:
Letras Galegas,
Novoneyra,
Poesía
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Que bo traballo! Que poemas tan fermosos! Seguro que foi moi emocionante escoitarvos lelos.
Noraboa a tod@s, profe incluída!
Unha aperta desde Taragoña
Cova
Fermoso traballo. Parabéns aos alumnos e alumnas e os docentes responsables.
Gústame que Novoneyra chegara tan adentro en corazóns tan noviños.
Todo un éxito este certame de poesía. Todos nos achegamos un pouquiño mais, entre moitos risos e sorrisos, a este autor e á poesía.
Quero felicitar aos nen@s de 6ºB e a quen lles botou unha man para facer eses poemas tan fermosos.
Saúdos
Mari Carmen
Xa non íamos publicar máis materiais ata o 17, pero non vai poder ser. Haberá que facer unha excepción e deixar un sitio privilexiado en Mesturas para estes traballos tan fermosos e tenros. Parabéns a todos.
Que grandes poetas tedes no cole. E que boas profesoras!
Que bo traballo!!! Por favor transmítelles ós teus alumnos e alumnas a miña profunda admiración... fai moi pouco a miña filla tivo que facer un poema e pediume axuda e non vos podedes imaxinar a dificultade tan enorme que atopamos as dúas.... vendo estas fermosas obras é preciso reconciliarse coa vida e co esforzo. A miña noraboa e admiración
Eu tamén estou orgullosa deles/as.
A poesía é un arma cargada de futuro.
Grazas por deixar comentarios.
Estamos moi orgullosos do noso traballo.
A verdade e que nos gustou moito facer estes poemas de Uxío.
Un saudo:Aitor,Martín Zas e David
Grazas por estes comentarios.
Estamos moi orgullosos do noso traballo.
A verdade e que nos gustou moito facer estes poemas de Uxío.
Un saúdo:Aitor,Martín Zas e David
Publicar un comentario