12.5.10

Recitais de poesía ó fío de Uxío


A proposta que fixemos para as aulas foi seleccionar o/os poemas de Uxío que lles pareceran máis acaídos para os seus escolares. Unha vez feito...RECREALAS.
Ben, cambiando versos, ben actualizando o tema, ou os sentimentos que o poeta expresaba... Cada quen podía traballalos como considerase oportuno. Mesmo recintandoo tal cual.
E de todo tivemos..de momento!
Os nenos e nenas de 5ºB fixeron o seu poema de amor á terra (a Malpica, neste caso)Os de 3º A recitaron o fermosísimo poema do Lobo e os de 6ºB fixeron ás suas propias composicións, ó fío do que expresaba Uxío nas súas.
De momento, todo un éxito.

Na biblio hai unha caixa que medra cada día cos orixinais das composicións. Con todos, faremos tamén o noso libro de poemas lembrando a Novoneyra.
De momento deixovos algunhas imaxes destes días, pero prometo os textos íntegros, que non só non defraudarán senon que sorprenderán pola súa beleza.
De verdade. Pero, de momento tendes que crer na miña palabra. Que as horas non dan para máis.

3 comentarios:

Encarna dixo...

Unha actividade ben interesante. Parabéns!!!
Esperamos a reportaxe íntegra.
Unha aperta dende Pontedeume. (bañados polas mesmas augas estamos)

Leo dixo...

Pois..agarda a que leas os poemas Vas tremelicar de gustiño!

Equipo biblioteca dixo...

Tendes un agasallo no noso blog.
Moita creatividade.
Unha aperta.
A tartaruga lectora.