O 18 de Xullo de 1936 o rexime democrático caeu baixo o golpe de estado do general Franco.
Co fin de paliar algunhas das peores consecuencias daquel episodio, naceu a Lei da Memoria Histórica.
E aínda hoxe as televisións están dando conta de que na cidade de Vigo comezan a retirarse os simbolos da victoria dunha parte da poboación sobre a outra. Símbolos que aínda estaban expostos publicamente provocando a dor de moitos.
Viaxando por Europa, teño visto que en moitas cidades o que se fai é pór publicamente os listados cos nomes de TÓDOLOS mortos na Guerra: os dun bando e os do outro. Parece que en España ese punto de recoñecemento aínda non é posible. 71 anos despois.
Mil primaveras máis para a DEMOCRACIA!
4 comentarios:
Madre mía! Pero esta sireíña sábeo todo!Non se lle escapa unha! Sempre recordándonos cousas tan importantes!! Grazas Leo!! Bicos dende Belesar
Non sei que vos diría Leo pero estou segura de que o inventou porque (entre nós) é algo poeta.
Bicos meus e coletazos dela.
Tíñades que verme o pasado 7 de marzo entrado na meta do maratón de Barcelona coa bandeira republicana despregada...
E non hai unha foto? As bandeiras seguen a ser símbolos importantes. Emocióname que xente da nosa xeración sigamos a ser sensibles ó que puido ser un gran camiño de avance para este país e, de seguir nel, teriámonos librado de corenta anos de involución, atraso e ignominia. Grazas, Antonio, por esa bandeira e esa sensibilidade.
Publicar un comentario