"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
12.3.10
Venres: Enheduanna. 2º
Rematamos este ciclo de charlas sobre mulleres científicas coa presentación de Enheduanna a cargo dos nenos e nenas de 2º coa súa profe Tudita ó frente.
Explicáronnos de forma clariña (cun mapa mental deses que fan tan, tan ben) quen foi esta muller: astrónoma, matemática, filósofa e poeta.
Pero, o que máis chamou a nosa atención foi o que nos contaron sobre a escrita cuneiforme sobre arxila. Proxectáronnos unha imaxes que ilustraban o que nos contaran previamente e,á saída, agasalláronnos cun alfabeto cuneiforme para que escribamos o noso nome. Mirade os xestos de estrañeza que facía algunhas ó ver os signos!
E con isto rematamos esta semana adicada ás MULLERES CIENTÍFICAS coa que tanto disfrutamos. Agadamos que, de verdade, valera para pór en valor a aportación feminina neste terreo ó longo da historia. Ise era o obxectivo.
Días anteriores:
Xoves: Sally Ride (3ºB)
Mércores: Mary Anning (3ºA)
Martes: Marie Curie (5º B)
Luns: Hipatia (6ºB)
Presentación da actividade
Etiquetas:
ALFIN,
animacion à lectura,
biografias,
Muller
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Fascinante o traballo de todos os rapaces e rapazas. Grazas a todos por agasallarnos coas vidas destas magníficas mulleres que, como tantas outras, tiveron moi difícil facer a súa contribución á historia e a ciencia. Grazas a todos aqueles que contribuiron a levar a cabo esta actividade. Felicidades tamén aos que, publicando neste blogue, facilitan que estas coñecementos se sigan divulgando fora das paredes do centro...
Eu tamén disfrutei moito. Polas mulleres ás que nos achegaron e das que, salvo unha excepción, apenas sabía nada. Pero tamén por como o fixeron: ese volcarse nos libros para buscar e buscar...ese esforzarse por transmitir de maneira comprensible, dinámica, amena e divertida... Eu tamén me uno a esas felicitacións e digo:
¡tendes que repetir!
Publicar un comentario