Queda claro, polo coñecemento que temos da súa obra, que cando dicía un home, en realidade estaba dicindo unha persoa.
E así era: ese é o gran segredo que fai da obra de Delibes unha obra universal.
A primeira obra que lin del foi El Camino. Era diferente. Tiña algo especial naquel modo de describir, de pintar os sentimentos dun rapaz de once anos. Era profundamente distinto porque tocaba teclas nunca antes tocadas (na miña mirada de quince anos)
Anos despois Cinco horas con Mario e Lola Herrera sola no escenario, enchendo todo coa súa voz e un texto espido...¡maxistral! De novo a conmoción profunda.
Las ratas, Los niños, El disputado voto del señor Cayo, Señora de rojo sobre fondo gris, Mi idolatrado hijo Sisi, Los santos inocentes, La sombra del ciprés es alargada.... e sempre, sempre esa mirada fixa, cercana e penetrante coma un bisturí nos recunchos máis escondidos do ser humano, as palabras certeiras para expresalos...
Hoxe morreu Miguel Delibes. Falamos del na aula. E, estou segura de que o leredes cando chegue o momento.
Pero é ben lembralo hoxe. Anque eu creo, de verdade, que esta clase de homes, que nos deixan tanto, en realidade non morren.
Porque mentre haxa un home, unha paisaxe, unha paixón: o mundo falará de Delibes.
Porque mentre haxa un home, unha paisaxe, unha paixón: o mundo falará de Delibes.
E seguirá a lelo.
2 comentarios:
Es hermoso compartir la emoción de este momento con tanta gente que se está volcando para despedir a don Miguel como se merece. Yo soy de las que aprendieron a amar la literatura (que no la lectura, ésa ya me apasionaba) con El Camino, el primer libro para adultos que leí cuando tenía doce o trece años. Tienes razón, los hombres así no mueren. Saúdos dende Loranca.
¡Que acertada esa distinción entre literatura/lectura!
Pese a todo lo leído después, cada vez que oí el nombre de Delibes, mi mente añadía: El Camino. Y así seguirá siendo.
Larga vida.
Publicar un comentario