28.2.10

Mulleres científicas


Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, e na onda de facer visibles mulleres que tal vez non o son tanto, a actividade que propuxemos este ano consiste nun Ciclo de Exposicións Orais que terán lugar na biblioteca ó longo da semana do 8 ó 12 de Marzo.

Fixemos chegar ó profesorado un listado de mulleres científicas para que cada aula escollera unha.

Asemade, fixemos chegar unha bibliografía seleccionada da que poder tirar a información necesaria.

Cada aula preparará como millor considere a exposición oral sobre a científica escollida e, no día que lle toque levará a cabo a súa exposición.

Tiñamos interés en que a información se tirara preferentemente de materiais impresos.

Comprobamos que, mesmo en enciclopedias temáticas sobre científicos, NON APARECE ningunha muller máis que Marie Curie (tal vez porque con 2 premios Nobel, non era posible deixala fóra!!!).

Deixámosvos o enlace á WQ que elaboramos o curso pasado sobre Mulleres na Historia de Galicia e unha páxina que nos achegan desde o Plambe e que pode ser moi interesante se queredes usar algunha fonte electrónica.


A idea foi homenaxear ás mulleres que contribuíron ó avance científico da humanidade e, ó tempo, seguir a precticar as nosas competencias en buscas documentais e as exposicións en público.

Agora so queda...¡comezar a traballar!

Ningún comentario: