"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
23.3.10
Semana da froita
Como xa vos contamos, na semana do 1 ó 5 de Marzo o Equipo de convivencia orgaizou para todos nós a Semana da Froita, seguindo unha iniciativa da Xunta de Galicia.
O certo é que, ademáis de pasalo moi ben (como podedes ver nas fotografías) coñecimos e probamos algunhas froitas por vez primeira. Mandarinas, plátanos, fresas...¡xa son vellas coñecidas! pero...¿que me dicides do mango, a papaia, o aguacate...? Mesmo podo dicirvos que algún probou por primeira vez o melón.
Coma decote, apreveitamos para saber algo máis sobre o que estabamos a facer e os de 3º fixéronnos esas gráficas estatísticas que tamén podedes ver.
Asegúrovos que foi unha semana ¡deliciosa!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario