23.3.10

Cultura Castrexa: Ed. Infantil


Como sabedes, os nosos nenos e nenas de Infantil andan embarcados desde o comezo do curso nun Proxecto sobre a Cultura Castrexa. Investigan eles, as súas familias, na aula, na casa, na biblio... e agora tocou ir de visita a un castro ¡dos de verdade!
Afortunadamente temos moi perto de nós o de Borneiro. E aló foron a semana pasada.
Vestiron os seus traxes de castrexos e atenderon moi, moi ben ás explicacións do guía. Pero non todo foi escoitar porque xa sabían tanto dos castrexos que tamén participaron nas explicacións.
Aí vos quedan algunhas imaxes da visita e da expo que levan construindo desde o comezo do proxecto con todo canto investigan.
E aínda non remataron.
Seguiremos a informar.

Ningún comentario: