5.12.09

Obradoiros de Traballo Decente

Entre o xoves e o venres todos asistimosa eles. De Infantil a 6º. Trátase dunha actividade da ONG Solidariedade Internacional de Galicia coa que xa fixemos actividades en anos anteriores. Nesta ocasión tratábase de reflexionar entre todos sobre o traballo e as súas condicións; sobre o 1º Mundo e os outros mundos, sobre o consumo responsabel; sobre os itinerarios que seguen os diversos productos de consumo ata chegar ás nosas mans...

Vealí unha foto da actividade nunha das aulas de Infantil.

Máis información en:
Os Falcatrueiros (o blogue dos nenos e nenas de 3º)
5º e 6º (o blogue dos nenos e nenas de 6ºB)

Ningún comentario: