Fomos ó teatro.
No centro Cívico, o grupo Os Quinquilláns agasallounos unha fermosa representación do Mago de Oz.
Dorinda, o home de lata, o león cobarde , o espantallo, a bruxa malvada... pasaron ante os nosos ollos compoñendo unha vez máis a preciosa historia dese conto tradicional norteamericano.
Nós fomos desde 4º a 6º. E tamén viñeron os do CRA e os do 1º ciclo da ESO. E non se escoitou un chío durante toda a representación.
É unha fermosa historia así que, se podedes, ide vela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario