6.11.09

Tic e Biblioteca Escolar



O blogue da biblioteca escolar do Ceip. Quintela de Moaña ven de recibir un premio moi, moi especial:
O Premios a materiales educativos en soporte eléctronico que puedan ser utilizados y difundidos en Internet que otorga anualmente o Ministerio de Educación de España.
Coñecemos o traballo da biblioteca escolar de Quintela, sabemos del e seguímolo nos días de cada día. Por eso sabemos o merecidísimo que é este Premio.
No cole de Quintela, como en tantos outros de Galicia, a Biblioteca escolar é centro de recursos, é tecnoloxía da información e a comunicación, é educación e... ¡é colexio!
Tamén por esto o premio é valioso: porque aclara conceptos. Nesten tempo no que algunhas liñas de actuación tentan separar biblioteca e tecnoloxía, a práctica pedagóxica de Moaña, e o propio concepto do Premio, fan ver a quenes andaban a tentar trazar liñas divisorias, que é un esforzo inutil.
Mirade con atención o blogue, visitade tódalas súas seccións e estaredes diante dun xeito de entender a educación.
É educación
É pública
É tecnoloxía
É biblioteca.
Noraboa, Paco!!!

2 comentarios:

Isa dixo...

Grazas compañeira. Este premio é tamén voso, e de todos os que estamos neste barco,os que defendemos a visibilidade das nosas bibliotecas en todos os foros posibles,...contra vento e marea.
Biquiños dende Moaña

olga dixo...

Os premios saben a doce, a recoñecemento, a visibilidade...Saboreade. Mentres, nós, aplaudimosvos.