A voltas co tema da vivenda que, como sabedes é o que vertebra este curso as nosas investigacións, no outono estamos a construir unha despensa (prometo fotos en canto esté lista!!) e a aprender algo sobre métodos de conservación de alimentos que non dependen da electricidade.
Preparamos, xa que logo esta webquest que axudará nesas pescudas. Veredes que está relacionada coas Aventuras de Said e Sheila, o que supón unha excelente ocasión para lelas (ou relelas!!!)
Adiante, detectives!!!
6 comentarios:
Dunha profe competente en ferramentas 2.0 sairán alum@s competentes para a sociedade que lles toca vivir.
Parabéns polo entusiasmo, a dedicación e o traballo ben feito!
Grazas, compañeira.
Parabéns por este traballo, unha webquest moi ben plantexada e un traballo de investigación moi interesante para @s alumn@s.
Co teu permiso enlazarémola no blog de biblioteca, pois tamén estamos traballando co 3º ciclo o tema da alimentación saudable.
Grazas.
Un bico.
Encarna. CEIP de Andrade/Pontedeume
Algún día aprenderemos. Be patient, my friend.
Parabéns compañeira, estás feita toda unha especialista en elaborar Webquests. E o que tanto lles gustan estes traballos de investigación, non si?
Bicos ben alimentados!!
Non esquezo que doches ti quen me enseñou a facelas. Grazas. Verdadeiramente son unha ferramenta moi potente para aprender. Só nos falta contar cun ordenador para cada escolar e dentro da aula.
Publicar un comentario