18.11.09

Leer.es

Esta fin de semana presentouse en Madrid este novo espazo virtual adicado á lectura.
Persolamente paréceme un acerto reunir nun portal toda esta información e eses recursos. Saludo con especial calor o enlace ó Blog de Felipe Zayas, profesor de moitos de nós nesto do tratamento dos textos, a eficacia da lectura e o uso pedagóxico da blogosfera.
Detrás dunha afirmación de Zayas hai sempre unha explicación, unha razón... A quenes se adentran por primeira vez no mundo dos blogs teño por hábito encomendarlles esta magnífica entrada de Zayas .
No portal tamén encontramos un mapa dos diferentes territorios educativos do Estado Español e os seus Plan Lectores, no caso de Galicia está tamén enlazado o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Benvida, pois, esta iniciativa do MEC como espazo de encontro e información para mediadores: familias, docentes... e todos cantos temos algo que aprender neste, cada vez máis necesario, mundo da lectura.
Como novidade de hoxe, enlazo o documento de Declaración do Congreso
O dito: un espazo para explorar.



1 comentario:

Chispa dixo...

Nós coñecímolo a través da Asesoría das BE, xa que onte tivemos unha interesantísima charla no noso CFR, para reflexionar sobre a biblioteca, proxectos lectores e demais.
Pero o motivo do meu comentario é outro, que che poño aquí directamente por se non mirases de novo na nosa "casa" (Mapas interactivos):
Haaa, haaa, haaa! Pero imos ver, Leo: tes que buscar un debuxo do mundo igualiño ao desta entrada... Ou será que vas ter razón e non funciona?
Non, non, acabo de mirar e creo que vai ben.
Voume pasar polo teu mar para dicircho en persoa, pero ollo, que eu vou voandoooooo!
Bicos, Leo, desde Ferrol.