19.11.09

Aniversario

Hoxe cúmplese o 76 aniversario do voto feminino en España.
Sí, anque ás nosas alumnas lles pareza mentira, ata o ano 1933 as mulleres españolas non poideron exercer ese dereito: o de VOTAR.
Pero España non é unha excepción , a meirande parte dos países teñen na súa historia datas distintas (e posteriores) para o voto feminino respecto do dos varóns. Mirade esta táboa que ofrece a Wiquipedia.
E aínda quedan países no mundo nos que as mulleres non votan.

Na hemeroteca virtual de EL PAIS topamos esta deliciosa descripción daquela sesión parlamentaria e da muller que fixo posible a consecución deste dereito: Clara Campoamor.

Precisamente acabamos de incorporar á nosa colección a súa biografía na Colección Sabelotod@s da editorial El Rompecabezas. Xa está lista para levar.

Ningún comentario: