As Bibliotecas Escolares de Galicia, un ano máis, promovemos e secundamos iniciativas encol deste problema que é real e salpica cada vez a mulleres máis novas. De aí o compromiso ineludibel da escola.
Lecturas contra a violencia de xénero: Esa é a nosa proposta.
A Escola Unitaria de Vide facilítanos este enlace no que toparedes unha chea de recursos para abordar o tema.
No Ceip de Pazos, en Biblioandrade ... hai máis información e máis recursos.
É un asunto de todos/as
E no blog da biblioteca do IES Sánche Cantón está presentación que destila tanto amor para tanta dor.
E, de agasallo, este contiño que fixeron en Biblioandrade, que, se queres ver en forma de libro,xa sabes: preme AQUÍ
View Sample
Dispoñíame a escribirvos a historia de por qué se conmemora o Día da violencia contra as mulleres precisamente nesta data, cando o vin xa publicado no blog da biblioteca do IES Moncho Valcárcel así que, directamente´póñovos o enlace e xa o ledes alí.
Unha vez máis, as Biblioteca Escolares Galegas, traballando colaborativamente.
Grazas a todos e todas.
En Trafegando Ronseis tendes unha amplísima recompilación de lecturas, películas, música...que seguro son moi útiles.
3 comentarios:
Grazas Olga por facernos un oco nesa fantástica recompilación de materiais. Ti si que estás sempre ahí.
Un bico.
Encarna. CEIP de Andrade.
Sorry, onde escribín ahí tería que ser aí.
Que despiste!!!!!!!
Bicossssss...
Nin nos decatarmos. Esa cousas pasan... :-)
Publicar un comentario