Galicia, a la cabeza de España en fomento de la lectura juvenil, así titulaba onte La Voz de Galicia unha reportaxe sobre o traballo que se desenvolve desde hai anos na Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia (Consellería de Educación)
Os programas deseñados pola Asesoría son hoxe referente en todo o estado xa que están amosando resultados moi satisfactorios. Como di Papelenblanco: Galicia exporta proxectos.
O programa das Mochilas viaxeiras (que tanto vos gusta), o da Hora de ler e o dos Clubes de Lectura en Secundaria son tres das liñas de actuación máis exportadas. Porque fan lectores, porque se adaptan a cada realidade, porque son eficaces...
Sentímonos orgullosos de formar parte desta rede.
Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.
Tamén desde o Milladoiro, os nosos parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos embaixador@s das Bibes Galegas e a tódos e todas cantos andades embarcados nesta xeira de facer lectores e lectoras competentes.
Congratulámonos especialmente de que esto sexa noticia nun xornal de ampla difusión e en domingo.
2 comentarios:
Ya lo creo que Galicia exporta proyectos de fomento de la lectura. Las bibliotecas escolares gallegas son un espejo en el que nos miramos todos. Enhorabuena y gracias por compartir ese entusiasmo contagioso. Saúdos e apertas dende Fuenlabrada.
Somos conscientes de que la lectura nos hace más reflexivos, más imaginativos, más sabios y, por tanto, más libres. Esto es lo que inentamos propiciar poro todos y todas cuantos pasan por la escuela pública. En eso andamos juntos. Saludos afectuosos desde la periferia de la periferia.
Publicar un comentario